Site icon Crónica3.com A Mariña

Terras de Lourenzá celebra o Día da Asociación cunha ruta polo curso do Masma, unha churrascada e moita festa

A Asociación de Sendeirismo “Terras de Lourenzá” anuncia a ruta máis distintiva do calendario anual, coa que celebran o “DÍA DA ASOCIACIÓN”. Este ano será o domingo, 7 de agosto; e nesta ocasión realizarán unha camiñata de 12 kms e dificultade media-baixa con saída ás 09.30 horas da Área Recreativa da Cazolga.

A “RUTA ESPIÑEIRA-CAZOLGA”, e dará a oportunidade de desfrutar do curso do Río Masma, dende a Ría na Espiñeira ata A Cazolga onde agardará unha tremenda churrascada para que os camiñantes repoñan forzas. E como a tarde é longa, animarase con música, xogos… e pode que alguna chapuzada no río, polo que aconsellan levar traxe de baño e toalla.

Os interesados e interesadas poden inscribirse ata as 14.00 horas do xoves, 4 de agosto, tanto no mail terrasdelourenza@gmail.com como nos teléfonos: 619 37 80 29 (Lupe) ou 636 49 64 48 (Marifé).

Exit mobile version