Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela afirma que “o informe que usa o alcalde para rescindir o contrato de Celtaprix tén erros de cálculo, de procedemento e de apreciación”

Burela, a 27 de xullo de 2016.- “O asunto da rescisión do contrato a Celtaprix vai camiño de convertirse nun culebrón que con moita probabilidade, graxas á pericia do alcalde e do seu equipo, se resolverá Deus sabe cando nos xulgados, e xa veremos con qué custo para os veciños do noso concello”. Esta afirmación foi feita polo Grupo Municipal Popular (GMP) do Concello de Burela logo de ver o contido do expediente que se tratará no pleno de deste xoves sobre de todo logo de ver o informe externo solicitado polo alcalde a unha consultoría pontevedresa, que choca diametralmente co anterior informe, feito por persoal municipal.

Os populares aclaran que “efectivamente, según a lei de contratos do Estado hai que rescindirlle o contrato a Celtaprix, pero o procedemento que está a seguir o alcalde non parece o máis acertado, máis ben todo o contrario”.

Engaden que “no pleno do pasado 29 de abril xa manifestamos que as cousas non se estaban facendo ben, e agora volvemos a decilo: non se pode usar este asunto para facer política, e todo apunta a que o alcalde quere salir na prensa como garante dos cartos de todos os veciños cando el sabe de sobra que non é así, porque será moi difícil, por non decir imposible, cobrar un só euro dun empresa que está en liquidación”.

O GMP considera que “o informe externo que manexa o alcalde no procedemento de rescisión do contrato con Celtaprix contén erros de cálculo obxectivos, de procedemento e de apreciación, ademáis de estar sesgado, xa que, por exemplo, multiplica por 14, desde 2002 hasta agora, o valor dunha nave que non está construida, aínda cando fora dubidosa a obriga contractual; mezcla contías anuales con outras que son plurianuales e sin coste para o concello; non valora as modificacións de persoal, e mesmo cuestiona a única modificación de contrato feita hasta o momento polo concello, a feita polo bipartito en 2008”.

Os populares entenden que “o informe, buscando obxectividade, debería estar feito por técnicos municipais, como se fixo o anterior, ou en todo caso pola Deputación Provincial, que para eso tén persoal, e nunca por unha empresa externa. Este informe externo, que nos custará cáseque 18.000’00€, podería entenderse que se fai a medida do que quere solicitar o alcalde”.

Entrando no contido do informe externo, o GMP burelés afirma que “efectivamente, na oferta económica que presentou no seu momento Celtaprix, e que se reflexa no contrato subscrito no seu momento co concello, figura a construcción dunha nave que se valoraba en 108.182’00€; construcción que como queda dito é de dudosa obriga contractual. Tal nave pasa a valer, segundo o informe externo solicitado polo alcalde, 1.756.875’68€, é decir, multiplica o seu valor por 14, desde 2002 hasta o momento”.

Para os populares, “este criterio resulta imposible de creer e consideramos que é un erro de cálculo e de apreciación, porque sólo sería factible se se imputase cada ano a mesma contía, o que equivale a decir que Celtaprix debería construir co custo indicado unha nave cada ano. Máis imposible de creer é, se temos en conta que nun informe feito por persoal municipal se fala dun valor de 108.182’00€ da nave en 2002 e que agora tería un valor ‘sensiblemente superior’, pero que en ningún momento queda reflexado nese informe municipal. Segundo os nosos cálculos, o valor constructivo da nave a día de hoxe, incluidos gastos xerais, beneficios industriáis, e tendo en conta un incremento anual esaxerado de prezos e diversos conceptos dun 10%, rondaría os 400.000’00€, lonxe do que marca o informe externo solicitado polo alcalde, e xa sería unha boa nave”.

Para o GMP “neste asunto da nave, o informe externo resulta sospeitoso, xa que o fórte da contía reclamada xira exclusivamente sobre este punto”.

Un segundo aspecto que os populares destacan do informe externo solicitado polo alcalde é “a mezcla de contías que son de imputación anual con outras plurianuales e que non teñen coste para o concello, outro erro de procedemento neste caso. Así, suma variables que deberían estar separadas, como por exemplo os costes de persoal, ou a limpeza de sumidoiros e baldeo de rúas, cos custos de investimentos en instalacións e maquinaria, que teñen carácter plurianual e que ademáis teñen un plan de amortización”.

No apartado de persoal, o redactor do informe externo fai constar que “Tal como ya se indicó en numerosas ocasiones a lo largo del presente informe, la cantidad derivada de los incumplimientos por la no puesta a disposición de todo el personal comprometido, es una suposición y extrapolación derivada del cruce de lo ofertado con el plan de servicio actual. El equipo redactor del presente informe no dispone de datos de cada uno de los periodos anuales transcurridos hasta la fecha por lo que consideramos que la detectada falta de personal, resultará de difícil argumentación a la hora de una posible indemnización…”.

Finalmente, no que se refire ó informe externo, “un detalle a reseñar, destacan desde o GMP. E é que o redactor do informe externo cuestiona a única modificación do contrato feita hasta o momento, en pleno do 30 de xaneiro de 2008, co goberno bipartito e tendo como alcalde ó actual….Unha modificación que según tal informe externo favoreceu á empresa. O informe é tan claro que ‘non se entran a valorar as motivacións polo que se fixo tal modificación’, o que da a entender que non se fixo ben, máxime tendo en conta que esto supuxo un custo anual adicional de 78.326’28 €constantes/ano, e que parte dos conceptos ‘modificados’ xa estaban no contrato. Esto lévanos a preguntarnos qué motivos había en 2008 para modificar o contrato, algo que nin naquel momento nin nunca se aclararon”.

Para os populares, “estamos entrando nunha espiral peligrosa para os intereses do concello. Pretender reclamarlle 1.138.000’00€ a unha empresa en liquidación é un brindis ó sol, un quedabén ante os veciños, que será prácticamente imposible de cobrar, pero que moito nos tememos que nos vai meter de cheo nun proceso xudicial do que saberemos cándo entramos pero non saberemos nunca nin cando sairemos nin cómo. Estando todos de acordo en que o contrato hai que rescindilo según a lei, discrepamos da forma na que se está facendo. Porque pasamos dun informe técnico feito por persoal do concello, no que a contía reclamada era de 363.273’60€, a un informe feito por unha empresa externa no que a contía reclamada é de 1.138.651’56€. Como se ve, unha diferencia de 775.378’00€, nada máis e nada menos que algo máis do doble do informe municipal e as dúas terceiras partes do informe externo. A pregunta que cabe facer é, se queremos solicitarlle a Celtaprix, en liquidación, unha indemnización de dous millóns de euros, porqué non pedirlle un informe á Diputación?”.

Exit mobile version