Burela, a 30 de xuño de 2016. O Grupo Municipal Popular (GMP) do concello de Burela manifestou que “o alcalde e o seu goberno están instalados na parálise permanente, xa que obras non se fan e Burela nunca tardou tanto en contar cuns presupostos municipais. A día de hoxe, aínda non están aprobados definitivamente, e xa veremos se se aproban para a semana que vén, xa que hai discrepancias fortes no goberno municipal e mesmo podería quedar sobre da mesa. Eso sí, festas non faltan, xa veremos cánto pagamos en orquestas a finais de ano”.
Os populares din que “é vergonzoso que o alcalde teña a Burela sen presupostos. Tardou catro meses en aprobalos provisionalmente e agora tarda tres meses en resolver as alegacións e en aprobalos definitivamente. Esto demostra a incapacidade e a vagancia deste home, máis pendiente das festas e das fotos que de resolver os problemas dos veciños”.
Desde o GMP indican que “o feito de que o concello non teña aprobados definitivamente os presupostos significa que as obras presupostadas non se poderán facer hasta dentro de como mínimo tres meses, e que, e esto sí é importante, as asociacións que contan con subvencións nominativas non as cobrarán como mínimo hasta o outono, co que se lles xenera un problema serio de liquidez”.
Ademais, afirman que “ata agora, nunca os sindicatos tiveran presentado alegacións ós presupostos, e este ano tanto Comisións, coma UGT e CSIF teñen presentado reclamacións, porque o goberno municipal reduce en 70.000 € a masa salarial dos empregados municipales, ó non incluír o incremento do un por cento que lles corresponde por lei no complemento específico. E isto resulta sorprendente nun goberno que se autodenomina ‘progresista’, no que hai dous recoñecidos sindicalistas, un de UGT e outro de CSIF, e unha abogada laboralista da UGT…. Semella que hai moita capacidade para protestar pero moi pouca paratraballar nas negociacións e chegar a acordos”.