Site icon Crónica3.com A Mariña

O II Torneo de Tenis de Burela encara as semifinais

O II Torneo de Tenis que organiza o CLUB DE TENIS-PADEL A MAROSA achégase ás finais. En Individuales masculino están pendentes de xogarse as semifinales: Alvaro Jr. – Veiga e Juan Valle – Jose María o xoves e o venres.

En dobres masculino, celebráronse o martes tres partidos dos 4 previstos -xa que Fernando-Enrique aprazábase para este mércores debido á duración dos demais-. Álvaro-Álvaro vencían a Nolo-Delio por 6-2 e 6-1. Alberto-Santi superaron a Rubén – Valentina por 6-3, 6-7 e 6-2 e Veiga-Pablo impuñíanse a Juan Valle-Tomás por 6-7, 7-5 e 6-2 nun disputado partido especialmente os dos primeiros sets.

O cadro de consolación disputa o partido Iñigo-Marful con vitoria de Marful por 6-2 e 6-0. O focense xogará semifinal con Chus.

Pendente tamén o partido de cuartos Nolo-Gerardo que se disputará o xoves e o vencedor xogará con Alexandre a outra semifinal.

Mércores 27. A Marosa:
– Individual Consolación: Chus-Marful ás 18:30 horas.
– Dobles Fernando-Enrique frente a Diaz-Arturo ás 20:00 horas.

Exit mobile version