Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo ‘Por nuestro faro’ recollerá o domingo o lixo do camiño ata illa Pancha

O grupo “Por nuestro faro” recollerá o lixo no camiño do faro de Ribadeo o vindeiro domingo 3 de xullo con saída ás 17.00 horas dende a Capela de San Miguel para acabar na illa Pancha.

“Con esta iniciativa pretendemos, a través dunha acción concreta, achegarnos de maneira construtiva ao noso patrimonio común, natural e paisaxístico nun acto popular invitando a sumarse a todo o que queira participar, sen límite de idade, para pasar un momento distendido e, á vez, produtivo”.

A recollida rematará cunhas palabras ao pé da illa Pancha.

Contarán con material para a recollida, pero aconsellan levar luvas e bolsas, se é posible.

Por nuestro faro”
Co coñecemento do proxecto de transformación en hotel do faro de Illa Pancha, en abril do 2015, nacía o grupo “Por nuestro faro” en facebook que conta, na actualidade, con 743 membros.

O seu obxectivo pasa por impedir a súa transformación “porque entendemos que o faro é patrimonio dos ribadenses, non vendible nin utilizable para intereses económicos e que, ademais, atenta contra a integridade da illa e o entorno por encontrarse en zona LIC e ZEPA da Rede Natura 2000.

O grupo realiza xuntanzas cunha periodicidade quincenal aproximadamente para organizar a súa actividade: a recollida de sinaturas na rúa e a través de Avaaz (https://secure.avaaz.org/es/petition/Consejo_de_Ministros_Impedir_el_uso_del_faro_de_Ribadeo_como_hotel/?cdwNabb) ou a presentación da súa queixa ante o Valedor do Pobo do que “xa recibimos acuse de recibo e confirmación da aceptación do trámite”.

Exit mobile version