A concelleira de Servizos Sociais, Patricia Otero, cre que “a formación do colectivo inmigrante é fundamental para conseguir unha integración social e laboral plena”. E engadiu que “segundo nos comentou o director xeral de Inclusión en agosto sairá publicada a resolución dos novos cursos do Plan de Inclusión”.
No acto de entrega de diplomas participaron o director xeral de Inclusión, Arturo Parrado, o alcalde de Burela, Alfredo Llano, as concelleiras de Inmigración e Cooperación e Servizos Sociais, Angélica Gómez e Patricia Otero, e a delegada en Galicia de Radio ECCA, Almudena Rivas.