Burela, 1 de xullo de 2016.- O programa Parolando cumpriu o pasado xoves, día 30 de xuño, a súa edición Número 100 na Radio Burela. Celebrámolo falando de radio, precisamente das catro emisoras locais da Mariña Central. Compartiron estudo connosco Vicente Mon (da desaparecida radio “Costa de Lugo” de Cervo), Juan Novás (da Radio Valadouro), Anxo Rivas (de Radio Foz) e tamén os compañeiros de Radio Burela Luís Rubal (do programa “Amañando o país”), Marco Pereira (do programa “Grandes voces do noso mundo”), Jose Díaz (do programa “La ruleta rusa” e Concelleiro de Cultura de Burela) e Bernardo Penabade (do programa “Proxecto Neo”). Falamos da intensa problemática das radios municipais, da súa importancia na vida local e do seu futuro, non moi claro.