Formado no Burela F.S. ata a categoría xuvenil, este porteiro de garantías marchaba á Coruña onde militaba no Ventorrillo F.S (2B) durante dúas tempordas. Este último ano volvía defender as cores laranxas no filial.
O porteiro cervense é un dominador de todas as facetas do xogo, posue grandes calidades cos pes e trasmítelle gran seguridade aos seus compañeiros. Debaixo dos paos é un gardameta sobrio, moi difícil de superar.
O encargado de darlle a benvida ao club foi o directivo Guillermo González que amosaba a súa satisfacción con esta fichaxe.