Site icon Crónica3.com A Mariña

Rogos do PP de Viveiro para o próximo pleno

Viveiro, 30 de xuño de 2016.- Belinda Bermúdez Otero, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación os seguintes ROGOS para o próximo Pleno:

1. Na beirarrúa do supermercado Eroski, xusto fronte á porta que dá acceso ao establecemento, atópase unha papeleira cun lamentable estado de sucidade e deterioro, na base da mesma hai roña desprendendo mal cheiro. Trátase dunha beirarrúa moi transitada posto que se atopan ocupados todos os baixos comerciais e a gran maioría das vivendas alí situadas. Por esta razón rogámoslle ao equipo de goberno que proceda á limpeza da devandita zona, ou en caso de non ser competencia municipal insten a quen lle corresponda coa maior prontitude posible, xa que cos días de calor o mal cheiro aumentará.

2. No paso de peóns que está fentre ao quiosco de xeados situado ó lado do edificio Omega, atópase un rebaixe na beirarrúa do mencionado quiosco, pero xusto enfrente, na beirarrúa do paseo marítimo está sen rebaixar, o que impide ás persoas que vaian en cadeira de rodas poder cruzar no devandito paso de peóns. Co fin de eliminar o maior número posible de barreiras arquitectónicas do noso municipio, é polo que ROGAMOS ao equipo de goberno realicen o rebaixe da beirarrúa do paseo marítimo en dito paso de peóns.

3. No pleno do 7 de outubro do 2015 presentabamos un rogo facendo referencia ós retablos situados na “Porta de Carlos I de España e V de Alemania” e na “Porta da Vila” indicando que se atopaban nun lamentable estado de deterioro e pedíamos á Sra. Alcadesa que adoptara as medidas necesarias para proceder a sua limpieza e restauración por persoal especializado, recibindo por contestación que a porta de Carlos V en 1942 fora declarada monumento histórico e requería autorización de patrimonio o que implicaba un coste elevado, e que se faría no seu momento.
Nove meses despois comprobamos que seguen exactamente igual por non decir peor, posto que ademais de presentar as mesmas teas de araña na parte exterior dos retablos, o situado en Porta da Vila ten un anaco de madeira medio desprendido que pode provocar risco para os viandantes. Por este motivo é polo que lle ROGAMOS á Sra. Alcaldesa tome as medidas oportunas para subsanar o problema a maior brevidade posible.

Exit mobile version