Mondoñedo, 8 de xuño de 2016.- No mes de xullo está prevista a reapertura das piscinas municipais, sendo o horario do seu funcionamento de 12:00 a 20:00 horas, e permanecerán abertas ata o 31 de Agosto, sen perxuizo da posibilidade de modificar tales datas, en función das condicións climatolóxicas.
Dende xa, os usuarios poden ir á oficina de ABANCA, na praza do Concello, para o Pagamento das cuotas de socio, facendo carnet de socio nas piscinas.
Para facer esta solicitude é necesario presentar os carnets de identidade dos integrantes da familia, no caso de abono familiar, ou ben do solicitante en caso de ser abono individual. Así mesmo será necesario aportar fotografía tamaño carnet de cada socio ou fotocopia desta, e facilita-los datos persoais de tódolos integrantes do abono, ademáis de entregar o xustificante de pago, nas piscinas.
As normas que rexerán esta tempada nas instalacións, serán as mesmas que na anterior.
Por outra parte, os prezos actuais son os seguintes:
a) Nenos e xóvenes ata 18 anos inclusive:
Entrada diaria……………………… 1,20 €.
Abono mensual……………………… 9,02 €.
Abono tempada……………………. 12,02 €.
b) Xóvenes e adultos (de máis de 18 anos):
Entrada diaria…………………….. 2,10 €.
Abono mensual……………………. 15,03 €.
Abono tempada…………………… 18,03 €.
c) Familiares:
Abono mensual…………………… 24,04 €.
Abono tempada………………….. 36,06 €.
A Alcaldía mindoniense proclámase “aberta a calquer tipo de suxerencias e reclamacións a presentar sobre o particular”.