ACIA O Vicedo e Concello organizan a I Romaxe Vikinga que se celebrará o sábado 30 de xullo no entorno da praia de Area Grande. Mentres, Queiman e Pousa realizarán unha presentación artística na zona de Moutillós, na praia de Area Grande, parroquia de San Román, este venres 10 de xuño a partir das 13.30 horas. Xa ás 12.00 horas o salón de actos da Casa da Cultura do Vicedo acollerá a presentación do evento coa participación do Alcalde-presidente do Concello de O Vicedo, D. José Jesús Novo Martínez; a Directora de Turismo de Galicia, Dª María Nava Castro Domínguez; a Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Dª Raquel Arias Rodríguez e representantes da Asociación de Comerciantes do Vicedo.
Presentación da I Romaxe Vikinga do Vicedo
Presentación da I Romaxe Vikinga do Vicedo
Relacionado
-
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola xerente de Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiu este domingo á XV Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto
-
Alfonso Villares en San Cibrao
-
Centos de persoas se achegaron este venres ata Rinlo a gozar da II Mexillonada organizada pola asociación O Cantal coa colaboración do Concello de Ribadeo