O día 9 elaborarase unha peza para a queima e raku e o 23 realizarase o esmaltado e cocción das pezas feitas na xornada anterior. Cada participante levará a peza que fabrique para a súa casa.
É necesaria inscrición previa no teléfono de contacto 981 40 24 13.
Proceso do Raku
As pezas levanse a un forno pequeño a 900 grados centígrados aprox. Cando os esmaltes alcanzan o seu punto de coccion sacanse, en estado de incandescencia e depositanse cuidadosamente, coa axuda dunhas pinzas de ferro, en un recipiente cheo de viruta de madeira (tamen se poden usar follas de xornal ou follas secas de árbores). O contacto con este medio incendiao e generase unha enorme cantidade de fume que penetra na peza e entra a facer parte de ela. Os esmaltes reaccionan co fume e o calor e convirten os óxidos en metales. Despois de varios minutos, o proceso químico fixase baixando bruscamente a temperatura con auga. Obteñense o final tonalidades, texturas, matices e cores fascinantes e nunca iguales dunha peza a outra, que poden ser desde roxos metalizados ata craquelados, nacarados r tornasoles característicos desta técnica.
O Raku é, pois, unha complexa alquimia onde interveñen os cuatro elementos (terra, lume, auga e aire) da cal resultan pezas únicas, sempre maravillosas.