Danilo lamenta que as estradas provinciais “estean cheas de fochancas e baches” e precisa que “os viais que peor estado presentan son o LU-P-3406, LU-P-3804 e LU-P-6502”.
O popular recorda que estas estradas son transitadas diariamente por numerosos veciños e veciñas e asegura que “a gran cantidade de socavóns que presentan fai que aumente a perigosidade da vía e obriga aos condutores a baixar a velocidade para evitar danos nos vehículos e accidentes”. Danilo recorda ademais que “agora, coa chegada da época estival, aumenta considerablemente o número de visitantes e turistas que acoden ao noso Concello e non se pode permitir que as estradas provinciais teñan esta imaxe de deixadez”.
José Danilo considera “necesario” que o arranxo das estradas provinciais se acometan “de xeito urxente” e asegura que o estado lamentable que presentan os viais “son un exemplo máis do abandono ao que as administracións gobernadas polo PSOE someten aos Concellos”.