Site icon Crónica3.com A Mariña

O IES Illa de Sarón acolle en novembro un curso preparatorio para obter o certificado de lingua galega Celga 2

Do 12 de setembro ao 2 de novembro vaise desenvolver en Xove nunha aula do IES Illa de Sarón un CURSO PREPARATORIO PARA OBTER O CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA CELGA 2.

O curso, de carácter gratuíto, vaise celebrar diariamente, de luns a venres, en horario de 19.00 a 21.00 horas.

As prazas para o mesmo son limitadas. O prazo para anotarse, que xa está aberto, remata o 16 de xullo. Para anotarse hai dúas formas:

-Presencialmente no Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Xove, de luns a venres en horario de 08.30 a 14.30 horas.

-Ou ben telepáticamente na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

Exit mobile version