Burela, a 8 de xño de 2016.- O Grupo Municipal Popular (GMP) do concello de Burela fixo pública este mércores a súa felicitación ó BURELA FUTSAL PESCADOS RUBÉN feminino por ter acadado de forma brillante o seu segundo título de Liga da primeira división do Fútbol Sala feminino a nivel nacional, o que sen dúbida signifca un novo fito na historia do clube.
“Queremos trasladar a nosa felicitación ás xogadoras, ó adestrador e ó corpo técnico, e tamén á directiva, por este novo título que pón a Burela en lugar destacado no mapa deportivo nacional e que prestixia sen dúbida o traballo que se vén facendo desde hai xa anos polo clube. Ademáis, este logro deportivo serve para divulgar o nome de Burela o que sen dúbida é un valor engadido”.
Non queremos esquecernos da afección, que tamén tén a súa cuota de participación na consecución deste segundo título de Liga.
Se hai dous anos se lle concedeu ó BURELA FUTSAL FEMININO PESCADOS RUBÉN a medalla de ouro por parte do Concello como recoñecemento e agradecemento ó indicado, unha vez máis desde o Partido Popular queremos reiterar ese recoñecemento e agradecemento, na convicción de que o que fixeron e fan estas xogadoras por Burela é, sinxelamente, impagable.
Finalmente, queremos transmitirlles o noso ánimo e desexo de que esta vindeira fin de semana sexan capaces de conseguir tamén a Copa de España, para que deste xeito o doblete sexa unha realidade por segunda vez.