Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo ultima os traballos de preparación dos areais para a tempada estival

170616 ALFONSO VILLARES E MANUELA MÉNDEZ NA PRAIA DE RUETA (2)Cervo, 17 de xuño de 2016.- O Concello de Cervo ultima os traballos de acondicionamento dos areais para a tempada estival. Estes días estase preparando a praia de Rueta, que resultou moi danada durante o inverno.

O alcalde, Alfonso Villares, manifesta que “levamos durante estas últimas semanas facendo os preparativos para que os distintos areais do noso concello, tanto os que temos en San Ciprián como os que están na zona de Cervo, estean preparados cara a este verán para que os veciños que queiramos e poidamos gozar deles o fagamos en óptimas condicións, igual que os distintos visitantes que se achegan ao noso concello”.

Alfonso Villares detalla que “estes días os labores fixéronse sobre todo na praia de Rueta, onde desemboca o río Xunco; houbo que facer algún traballo para achegar area a esta praia porque moita dela levouna o inverno e era difícil acceder a este areal”.

O rexedor cervense asegura que “unha vez feitos estes traballos unicamente nos queda ultimar e poñer as duchas nalgún destes areais e tamén a contratación dos socorristas, que está activada e esperamos que para finais da vindeira semana xa estea rematada”.

Exit mobile version