Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo presentou este mércores a campaña turística que levará a cabo baixo o slogan “Un destino para sentir”

IMG_1362Cervo, 29 de xuño de 2016. O auditorio da Casa de Cultura de San Cibrao acolleu na tarde deste mércores a presentación da campaña turística que o Concello de Cervo levará a cabo baixo o slogan Un destino para sentir.

A concelleira de Turismo, Manuela Méndez, explicou que “é unha campaña destinada á promoción do turismo de Cervo a través de diferentes medios como poden ser carteis, folletos e, por suposto, as novas tecnoloxías que se usan nos tempos de hoxe. No Concello de Cervo o que intentamos e ter unha oferta turística de distintos tipos: de mar, de montaña e de cultura; e isto en Cervo ten cabida en todos estes eidos. De aí que nos decidíramos a sacar un paquete turístico para dar a coñecer o concello fora das nosas fronteiras”.

Manuela Méndez anuncia que “desde a Concellería de Turismo podemos dicir a todo o mundo que contará con contas nas redes de Facebook, Twiter e Instagram. Incluso funcionará o slogan Un destino para sentir como un hashtag nas redes sociais, permitindo así aos usuarios das redes ver e compartir arquivos multimedia”.

A concelleira de Turismo comenta que “invitamos a todos os veciños que quixeran acudir, ás asociacións e a toda a hostalería porque realmente son todos eles os mellores embaixadores de Cervo e con isto queremos que o noso concello apareza na maioría dos sitios”.

Exit mobile version