Site icon Crónica3.com A Mariña

María Loureiro responde a Jaime de Olano sobre a aprobación do trasvase de area na praia de Covas

Viveiro, 22 de xuño de 2016.- En relación ao anunciado polo deputado do Partido Popular Jaime de Olano referente á aprobación do trasvase de 30.000 m3 de area, resposta que levamos esperando dende o mes de maio; quero poñer no seu coñecemento que debido ás súas ocupacións como deputado na campaña electoral non está enterado das xestións realizadas ao respecto dende o concello:

1º Por parte dos veciños afectados convocouse unha reunión á cal por parte do concello asistimos a alcaldesa, o Concelleiro de Obras e o Concelleiro do Mar na que se acordou remitir a Costas un escrito onde se explicaba a situación da praia de Covas solicitando unha serie de medidas e de estudo, entre elas, unha medida inmediata que é o trasvase de area.

2º Posteriormente convoquei como alcaldesa unha reunión co Director de Costas do Servizo Provincial cos veciños para que lle explicasen de primeira man a situación que están a vivir. Nesta reunión tamén se convocou aos diferentes portavoces políticos. Na mesma, acordouse que se iba a comunicar á Dirección General de Costas en Madrid a situación.

Nin a unha nin a outra reunión o Sr. Olano como deputado nacional acudiu.

Dende o equipo de goberno consideramos que é un tema que afecta a todos e ao que lle hai que dar solución, sen interese político; nas mobilizacións levadas a cabo e pancartas realizadas por esta causa non se pretende politizar

Quero manifestarlle ao Sr. Olano que sabendo que comparte a mesma cor política tanto coa Dirección General de Costas como con Portos e pódese entender que dispoña de información de primeira man sobre todo neste momento de campaña electoral, aínda que nós considerámolo unha falta de respecto institucional e sobre todo hacia os veciños e veciñas que levamos esperando unha contestación oficial e que se teñan que enterar pola prensa. É unha boa nova saber que se vai levar a cabo o trasvase de area aínda que sabemos que non é unha medida suficiente, senón unha medida provisional e preventiva, pero non vamos a permitir que se voten por terra as xestións realizadas e que si se levan a cabo esperando que non quede en promesa electoral dito trasvase é grazas ás mobilizacións levadas a cabo cos veciños e veciñas co apoio do concello porque recordamos que xa o ano pasado pediuse ese trasvase e non contestaron.

Exit mobile version