Site icon Crónica3.com A Mariña

CxG reclama o aumento do alumeado e a posta en valor do petroglifo do cabo Burela

O 25 de abril de 2016 CxG Burela denunciaba publicamente o abandono sistémico da estrada e paseo da costa que vai ata a Marosa.

“Facíamos esta petición xa no mes de abril, non por capricho, senón para ter un dos atractivos da nosa vila arranxados cara á época estival. Dous meses máis tarde, como é costume, o Sr. Alcalde reúnese coa Deputuación para curiosamente reclamar o mesmo que CxG. Congratulámonos de que nos de a razón, pero non necesitaba dous meses para darse conta”.

Xa que vemos que están receptivos dende o goberno, CxG reclama en este senso:

1. Os arranxos e modificacións deben, o noso modo de ver, adaptarse a zona, é dicir utilizar sinalización en materiais que resistan: plástico, aluminio … que existen.

2. Propoñemos a colocación de información sobor os topónimos da costa: nomes dos baixos, das postas de pesca, das penas … que supoñen unha enorme riqueza da nosa lingua e patrimonio inmaterial. Eso tamén é cultura aínda que non se faga no auditorio.

3. Que se aumente o alumeado, xa que aínda que se mellorou, segue sendo deficiente.

4. que se poña en valor o petroglifo do cabo Burela, xa que un BIC recoñecido pero olvidado polo Concello.

Por outra banda no tocante á problemática da licenza de ampliación do hospital asistimos, por desgraza para a comarca e para Burela, a unha nova edición de “y tú más” entre PSOE e PP. Dende CxG propoñemos:

1. Non se faga distinción, se se aplicou a bonificación antes, se faga agora.

2. O Concello pode e debe negociar con esa empresa algunha mellora no entorno do Hospital da Costa, como contraprestación da bonificaión, era bo para todos.

Entendemos que a postura recadadora do Concello non facilita a tan manida ampliación do hospital.

Esperamos que algo de caso se nos faga, ainda que seña dentro de dous meses.

Exit mobile version