López Izquierdo destacou que “a Deputación de Lugo sempre será unha administración sensible co eido animal da provincia; e é por iso que sempre ofrecemos e ofreceremos medidas de concienciación social para preservar a flora e a fauna autóctona; porque sabemos que esta é a riqueza máis grande que calquera de nós podemos ter”. Neste senso, a Deputada remarcou que o organismo provincial está a traballar nun proxecto de concienciación coa cidadanía no tocante á tenza de animais domésticos. “Pero queremos ir máis alá, por iso queremos coordinar cos Concellos medidas e propostas que axuden a frear o abandono animal que hai na nosa provincia”, remarcou López Izquierdo.
A través desta iniciativa, dirixida a estudantes de maxisterio, mestres, monitores ou veterinarios, entre outros, danse a coñecer os beneficios da Educación na Natureza e as posibilidades que ofrecen os animais adestrados para a realización de actividades, tanto no ámbito da educación formal como non formal.
Programación do curso de verán
Día 20 de xullo
15:30 a 16:30 horas: Inauguración do curso.
16:30 horas: Educación e Natureza. Tendencias actuais e perspectiva histórica, a cargo de Uxío Otero Urtaza, Profesor da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo. 18:30 horas: As Intervencións Asistidas con Cans no ámbito da Educación na Natureza, a cargo de Bibiana Marful Castañal, Presidenta da Asociación Nenea, medrar creando.
Día 21 de xullo
09:30 horas: Panorama actual das Intervencións Asistidas con Animais (IAA) e perspectiva histórica, a cargo de Noemí Haro, Asociación REBICAN (Ponferrada-León). 12:00 horas: Benestar animal e saúde pública, dous aspectos a ter en conta en animais de IAA, a cargo de Cristina Castillo, Profesora da Facultade de Veterinaria da USC. 16:00 horas: O animal de IAA. Características e tipos de Intervencións Asistidas con Animais, da man de Lilyana Alba, Asociación REBICAN.
18:00 horas: A Granxa Escola, espazo para desenvolver a Educación emocional, a cargo de Yolanda Fouce, Asociación Revolta Natural
Día 22 de xullo
09:00 horas: Excursión de dia completo á Cuadra Santa Bárbara en Ponferrada As intervencións asistidas con cabalos. Equipo de REBICAN e da Cuadra Santa Bárbara (León)
Día 23 de xullo
09:30 a 14:00 horas: Presentación de proxectos de Educación na natureza en Galicia 16:00 horas: Deseño de actividades de ocio educativo asistidas con animais: realización dunha Gymkana literaria con cans polas rúas de Mondoñedo.
19:00 horas: Acto de clausura e entrega de diplomas no Auditorio municipal Pascual Veiga
Recoñecidos profesionais
Neste curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela participarán recoñecidos profesionais do sector, tanto do ámbito privado, como da propia universidade. Entre eles destacan Uxío Otero Urtaza; profesor e investigador da USC; Bibiana Marful Castañal, presidenta de NENEA, a primeira bosque escola que se abre en Galicia; ou Cristina Castillo Rodríguez, profesora titular do Departamento de Patoloxía Animal da USC. Ademais, tamén participará o equipo de REBICÁN, que tamén colabora coa organización do curso.