Site icon Crónica3.com A Mariña

O colexio de Nois desenvolve actividades en conexión coa Semana das Artes Plásticas

nois 002Nois, 20 de abril de 2016.- Estes días dende o luns que empezou Lucía Vila ata o xoves que rematará Eva Rivas, estanse facendo uns obradoiros de arte moi interesantes no colexio de Nois. O martes asistiron á actividade con Cristina Basanta e viron como disfrutaba o alumnado de primeiro ciclo de primaria. A través destas artistas da Mariña, que participan intensamente na Semana das Artes Plásticas, elas estiveron presentes nas actividades de arte nos escaparates, nas visitas guiadas do Cenima, nas sesións de retratos de artistas do sábado pasado, pero sobre todo nos obradoiros que se fan nos centros educativos como son os de Vista Alegre de Burela o IES de Alfoz Valadouro e este centro de Nois. Estas xornadas que están facendo en Nois son a culminación dun ano de traballo no centro moi intenso na área de plástica, que pode verse nunha mostra exposición que fan na Biblioteca do mesmo, nos pasillos, polas escaleiras, aparecen traballos relacionados con artistas como Mondrian, Van Gogh, Miró,… é dicir que todo o colexio rezuma arte por todas partes. O que mostra a vitalidade deste centro, o traballo do seu profesorado neste campo artístico, e o ben que o poden pasar os nenos e nenas con este tipo de actividade que non están reñidas nin moito menos coas demais aprendizaxes.

SEMANA DE ARTES NA MARIÑA.
Semana da Arte na Mariña
2016
Colexio Fondo Nois
CATRO
Lucía Vila
Cristina Basanta
Zili Katova
Eva Rivas
Do 18 ao 22 de Abril
Por medio de catro técnicas diferentes e tendo como punto de partida os catro elementos naturais, cada artista explicaralle aos nenos varios modos de achegarse ás artes: vento e emocións, agua e expresión, terra e modelado, lume e sensacións.

Luns 18.
Lucía Vila
Temática: Vento e emocións.
Idade: 8-9 anos.
Materiais necesarios: Tea, pinzas, corda, témperas e pincel.

Martes 19.
Cristina Basanta
Temática: Auga e expresión.
Idade: 6-7anos.
Materiais necesarios: Témperas, caldeiros, pajitas, pincel, papel blanco (mural).

Mércores 20
Zili Katova
Temática: Terra e modelado.
Idade: 10-11 anos.
Materiais necesarios: Arcilla, pedras, témperas, e rotuladores.

Xoves 21
Eva Rivas
Temática: Lume e sensacións.
Idade: 3-4-5 anos.
Materiais necesarios: Témperas, pincel e papeis.

Exit mobile version