Alfoz, 20 de abril de 2016.- A Biblioteca Municipal de Alfoz celebra o Día do Libro para os máis pequenos o venres 22 de abril ás 14:45 horas. Estará na Casa da Cultura o espectáculo infantil de Leo Leíño, unha actividade dirixida a nenos de 4 a 12 anos no que haberá maxia e humor. Historias e humor xuntos invadirán a biblioteca. Da man de Leo Leíño ademais de historias, aprenderemos algún truco de maxia!
A participación dos nenos será imprescindible como axudantes da maga e facer que todos e todas o pasen moi moi ben.
Esta actuación está dentro do programa “Ler conta moito”, organizado pola Xunta de Galicia en colaboración co Concello de Alfoz.