Site icon Crónica3.com A Mariña

“Foz, Plataforma de Futuro” amosa a súa satisfación porque as tres mocións que presentou neste último pleno foran aprobadas

Foz, 30 de abril de 2016.- Este pasado xoves 28, ven de celebrarse o pleno da Corporación Municipal do mes de Abril do Concello de Foz.

“Foz,Plataforma de Futuro” levou tres mocións para ser debatidas, sendo aprobadas as tres polos membros da Corporación Municipal, o que demostra unha vez máis, a importancia dos temas para os veciños e veciñas do noso Concello, que a nosa formación leva para o seu debate.

A primeira moción que se debateu foi para instar á Deputación Provincial de Lugo a renovar as beirarrúas da subida Obispo Santo en Marzán,na estrada LU-P-2009,estas beirarrúas levan moitos anos xa construídas en formigón, e o paso do tempo fixo que se foran degradando. Nos últimos anos esta zoa de Marzán veu incrementada sustancialmente a súa poboación, así mesmo é de paso obrigado para subir ó monte Obispo Santo e tamén de aceso para moitos visitantes á Basílica de San Martiño.Esta obra foi demandada polos membros da directiva da asociación de Veciños “O Torques de Marzán” nunha reunión mantida con estes polos membros de FPF.Esta moción foi aprobada por unanimidade da Corporación Municipal.

A segunda moción que se debateu foi para instar á consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a conceder a oferta de ciclos formativos de FP aprobada polo IES de Foz, como foi aprobado o pasado 6 de abril de 2016 no Consello Escolar do IES de Foz, oferta que se basea na implantación para o vindeiro curso académico do Ciclo de Grao Superior de Dirección de Servizos de Restauración pertencente o departamento de hostalería e o Ciclo de grao Superior de Márketing e Publicidade pertencente o departamento de comercio.

“Foz Plataforma de Futuro” considera imprescindible para o desenrolo profesional dos mozos e mozas da nosa comarca e os que non o son, ampliar a oferta educativa do noso instituto en dous sectores tan importantes no mundo laboral e empresarial da pequena e mediana empresa como son os da hostalería e o comercio. Sectores nos que hai unha gran demanda de profesionais e que están directamente relacionados cunha das mais importantes fontes de ingresos da comarca como é o turismo.

Pensamos que o IES de FOZ dispón dunha boa oferta formativa, agás de FP, principalmente de grao superior que a día de hoxe só dispón de un, sendo un dos centro de ensino secundario da mariña que menos ciclos de FP oferta, comparado con poboacións semellantes como Ribadeo, Burela ou Viveiro.

A intención de “Foz, Plataforma de Futuro” presentando esta moción é a de conseguir a maior cantidade de apoios posibles para lograr ter no vindeiro curso académico esta oferta educativa no noso instituto, sen pensar no “partidismo” nin levar bandeiras nesta reclamación.

Dita proposta foi aprobada pola unanimidade da corporación.

E a terceira moción foi para instar ó equipo de goberno do Concello a facer o mantemento necesarioda aula da natureza.O concello de Foz dispón dun espazo públicono que temos distintas aves, por desgraza cada vez temos menos, pero é un referente para veciños e visitantes, así como , para os nenos que por alí se acercan. Estes animais que aquí se encontran están coidados de forma voluntaria por unha familia do noso Concello á cal dende FPF queremos manifestar publicamente o noso agradecemento e ben facer nesta tarefa. Mentras o equipo de goberno do noso concello mira para outro lado no mantemento das súas instalacións, e como se pode comprobar, hai importantes deficiencias no mantemento dos elementos de madeira alí existentes, así como, a necesidade de reparar un estanque que non pode estar cheo de auga por ter fisuras e perder a auga por estas, isto fai que os animais non poidan bañarse nin beber nel, o que dá unha mala imaxe das instalacións e así mesmo os animais non podemos dicir que estean nas mellores condicións posibles.Esta moción foi aprobada cos votos favorables de todos os Concelleiros da oposición e a abstención dos Concelleiros do PP.

Exit mobile version