Viveiro, 15 de marzo de 2016.- En SON VIVEIRO somos conscientes de que Europa atópase ante a maior crise humanitaria dende a segunda guerra mundial. Por iso mesmo apoia a concentración que se vai celebrar en Burela para poder facer reaccionar ao Estado e ás institucións para afrontar esta crise humanitaria, facendo valer os dereitos humanos e cumprir escrupulosamente os tratados internacionais que velan pola salvagarda das persoas refuxiadas e as desprazadas.