Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSdeG-PSOE demanda no Congreso que o acordo da PAC recolla medidas e políticas de apoio á agricultura en zonas de montaña

Lugo, 16 de marzo de 2016.- A deputada luguesa do PSdeG-PSOE Margarita Pérez Herraiz, e o senador lucense, Ricardo Varela, anunciaron que os socialistas rexistraron unha Proposición non de Lei no Congreso dos Deputados na que reclaman “propostas especificas para dotar orzamentariamente medidas de apoio a agricultura e a gandeira en zonas de montaña”.

Nesta proposta demandan que se impulse unha clara implementación das políticas das zonas de montaña, para facer viable a actividade agraria, gandeira e as industrias de transformación na que se permitan xerar lugares de traballo, co fin de evitar a despoboación.

Pérez Herraiz advirte que o que se pretende con esta proposta “é realizar políticas efectivas de apoio a agricultura, a gandeira e a actividade forestal, para que resulten viables ás persoas que viven nestes lugares, así como os servicios que prestan á sociedade”.

A deputada socialista explica ademais que “o noso marco legal recolle que a agricultura e a gandeira en zonas de montaña deben recibir un tratamento especial por parte dos poderes públicos”, tal como sinala o artigo 130 da Constitución.

Pérez Herraiz denuncia que “nestes anos como recoñecen os propios informes do Consello Social Europeo, non existiu unha política especifica da UE, e tampouco se implementaron medidas na PAC para compensar algunhas das dificultades que conleva vivir nestas zonas”, resumiu.

Exit mobile version