Alfoz, 15 de marzo de 2016.- Deste o 22 de febreiro, está aberto o prazo para a renovación de praza ou de novo ingreso na Escola Infantil de Alfoz para o curso escolar 2016/2017, estando o prazo aberto ata o 21 de marzo, podendo dirixirse á propia Escola Infantil en horario de 8:00 a 15:00 horas de luns a venres, para formaliza a solicitude ou para ampliar a Información. As listas provisionais de admitidos publicaranse o día 2 de maio e as listas definitivas, o día 27 de maio. O prazo para formalizar a matrícula dos nenos e nenas admitidos será Deste o 28 de maio ata o 10 de xuño, ambos os dous incluídos. O curso comezará o 4 de setembro.
Con este motivo desde a Concellería de Igualdade e Benestar dirixímonos aos pais e nais de nenos e nenas con idades comprendidas entre os 0 e 3 anos, para animalos a utilizar este servizo xa que, nas escolas infantís, os nosos nenos comezarán a socializarse e a realizar actividades que sirvan de preparación para o colexio. Por este motivo convocouse unha reunión informativa mañá mércores día 16 ás 20:00 horas na Oficina de información Xuvenil situada no Centro Sociocultural de Alfoz, aproveitando a ocasión para coñecer as súas inquedanzas e necesidades.
Aínda que teñen prioridade na adxudicación de prazas aqueles nenos e nenas empadroados/as no Concello de Alfoz xunto con, polo menos, un dos proxenitores, na Escola Infantil de Alfoz existen prazas vacantes, nas que se dará prioridade para as fillas e os fillos de persoas que teñan os seus postos de traballo nunha empresa con sede social no noso concello. Tendo en conta a proximidade da Escola Infantil de Alfoz a outras localidades limítrofes, desde a Concellería de Igualdade e Benestar solicitamos que por parte destes concellos se informe aos pais e nais das crianzas destas circunstancias.