José De Cora explicou que “a obra é como un álbum de fotografías no que se rende homeaxe a todos os implicados nos 50 anos de historia de Cáritas na provincia; e no que se pode apreciar a grandisima evolución no seo da propia organización durante todos estes anos”
A Deputada destacou “a importante labor social que xoga Cáritas na sociedade lucense, a través de programas como Vivir na Casa que conta xa con máis de 30 anos de historia e co que colabora a Deputación cunha achega de 18.000 euros. Con ela, ducias de veciños da provincia de Lugo reciben unha atención personalizada diaria no coidado a persoas maiores así como tarefas de axuda no fogar”.
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, subliñou que a obra de José de Cora pon en valor e supón un recoñecemento “á historia e ó incansable traballo de Cáritas para axudar ás persoas que máis o necesitan”, así como a súa “loita contra as desigualdades”.
Méndez destacou a “gran cantidade de persoas que mobiliza nos seus servizos e actividades” esta organización, “que foi e segue sendo ademais precursora de programas que atenden moitas necesidades sociais que as administracións non soubemos ver e que despois contribuímos a impulsar grazas ao seu labor”.
A rexedora gabou o traballo de De Cora por recompilar en Titanes contra la Pobreza os 50 anos de vida de Cáritas, unha obra que servirá “para visibilizar máis se cabe” o labor desta entidade.
O Director de Cáritas sinalou a importancia desta obra para lembrar “a labor de tantos lucenses: voluntarios, socios, colaboradores e traballadores de Cáritas en apoio aos máis desfavorecidos da sociedade; todos eles foron e son parte fundamental da historia desta institución, así como de Lugo, e así se verá reflexado neste libro”
O Bispo de Lugo, quixo pór en valor a creación de Cáritas, un 4 de xuño de 1964, foi “a expresión da fé profunda do pobo de Lugo a Jesús Sacramentado presente no Altar Maior da catedral. Este libro fala da sencillez da nosa igrexa e de Cáritas que teñen acompañado a moitas persoas, atendido moitas necesidades e consolado moitos sufrimentos. Como Igrexa debemos estar no medio do mundo e que a nosa presenza faga posible o encontro, o diálogo e a esperanza, sin aceptar exclusións, divisións ou marxinancións”.
Pola súa banda, a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, fixo un amplo percorrido polo libro, lembrando algúns dos fitos máis destacados da historia de Cáritas Diocesana de Lugo e o seu traballo desinteresado na loita contra a pobreza e a exclusión social.
Precisamente, a titular da Igualdade destacou o traballo que nos últimos anos están a desenvolver para axudar e atender ás mulleres que exercen a prostitución ou son vítimas de trata con fins de explotación sexual, un labor que é apoiado pola Xunta de Galicia e no que se teñen investido máis de dous millóns de euros nos últimos seis anos.”