Aparte das distintas competicións deportivas nas que participa cada fin de semana, este próximo domingo 20 de marzo, a ACD.XOVE organiza dúas actividades máis: unha exhibición da Escola de Karate e a presentación das rutas de sendeirismo 2016.
Na exhibición da Escola de Karate os karatekas farán demostracións de Katas, Kobudo, Defensa Personal, ademais de distintas habilidades e exercicios técnicos. Esta exhibición será no pavillón polideportivo a partir das 18.00 horas. Xunto cos nosos nenos e nenas, tamén participarán nesta exhibición alumnos e alumnas doutras Escolas de Karate de A Mariña.
Rutas de Sendeirismo-2016
O Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE expoñerá unha presentación audiovisual feita por Santos Cordovilla para presentar o Calendario de Rutas 2016 que contará cunha charla-coloquio con tódolos asistentes.
A presentación desenvolverase no Salón de Actos de Xove ás 19.00 horas.