Nove bares de Lourenzá van participar nunha ruta de tapas organizada pola ACIAL entre os días 18 e 20 de marzo: Bar Cabaleiros, Vinoteca Morrigan, Trasgu, O Torreón, O Recanto, Bar Cantón, Cafetería Galaxia, Mesón O Pipote, Restaurante La Unión.
Entre os participantes sortearanse 300 euros en vales de compra, repartidos en 3 vales de 100 euros para gastar nos comercios asociados. Para poder participar neste sorteo, nos establecementos participantes na ruta haberá uns cartóns os cales deberán ser cubertos co selo de cada establecemento participante (9 selos diferentes). Unha vez cuberta deberá depositala en calquera das urnas que hai en cada local. O sorteo dos vales terá lugar o venres 25 de marzo no transcurso dun desfile de roupa e complementos que se realizará no recinto feiral.
O horario do concurso será o venres a partir das 20.00 horas, o sábado de 12.00 a 15.00 horas e pola tarde a partir das 20.00 horas e o domingo de 12.00 a 15.00 horas. O prezo das tapas será a 1,50 euros.
Desfile
O desfile organizado pola ACIAl, coa colaboración do Concello de Lourenzá, terá lugar ás 19.30 horas e a súa entrada será gratuíta.
Despois do desfile haberá unha cea baile. O prezo da cea será 23€ por persoa. Os nenos ata os 11 anos pagarán 12 €, e os nenos ata os 4 anos non pagarán nada.
As persoas interesadas en asistir á cea deberán mercar a entrada ata o luns 21 de marzo no Bar Cabaleiros, Morrigan ou Mesón O Pipote.
Trala cea, a velada estará amenizada polo Trio Verdemar. O diñeiro que se recaude da cea e posterior baile irá destinado a organización do Desfile de Entroido do 2017.