Con esta ferramenta conseguiremos ter solo industrial neste municipio, unha das maiores demandas dos cidadáns. Ata agora as empresas abandonaban o municipio por falta de solo industrial, cousa que non pasará unha vez realizado o proxecto de urbanización do polígono industrial.
Unha vez aprobado inicialmente solicitaranse as diferentes administracións os informes sectoriais pertinentes e unha vez obtidos aprobaremos definitivamente este plan especial.
O promotor da inversión vai ser o SUPLUSA, ente dependente da Excma. Deputación Provincial de Lugo, o cal redactou este plan especial. Queremos agradecer a este ente o esforzo realizadopara a redacción deste proxecto e a futura financiación do mesmo.
Esta é unha boa nova para tódolos vecinos e veciñas de Riotorto, xa que non podemos ter crecemento económico sin unha zona industrial donde instalarse as nosas empresas. Esta iniciativa provocará aumentar o tecido industrial e a xeración de emprego e evitar o abnadono do rural e das empresas a outros concellos limítrofes.