Por iso, a candidatura que encabeza a rexedora de Mondoñedo xunto con Ramón Carballo enviarán o contrato a toda a militancia como unha garantía de que se lle dará cumprimento a ese proxecto que guiará o futuro do PP de Lugo.
As medidas que inclúen ese contrato son as seguintes:
1. A convocatoria de convencións periódicas na que os conselleiros e outros cargos do Goberno renderán conta da súa xestión e explicarán as accións das distintas Consellerías ante os militantes.
2. A creación dun gabinete de apoio técnico, xurídico, político e de comunicación ao servizo dos portavoces e dos Grupos Municipais de toda a provincia.
3. A convocatoria de reunións periódicas do Comité de Dirección nas distintas comarcas, con participación directa dos militantes, para informar da xestión realizada, planificar accións futuras e render contas.
4. A instauración de xuntas comarcais cuxa composición será escollida en elección directa por todos os militantes.
5. A recuperación da figura do coordinador de xefes de distrito para potenciar a participación dos militantes na capital.
6. Un maior peso ás Novas Xeracións do partido. A persoa que ostente o cargo de presidente ou presidenta de NNXX formará parte do Comité de Dirección. Organizar reunións periódicas cada dous meses cos membros de Novas Xeracións.
7. Solicitar a autorización das direccións autonómica e estatal para que o vindeiro congreso que se convoque trala celebración do conclave provincial sexa o da capital lucense.
8. Deseñar un paquete de medidas para que os cargos públicos estean máis preto dos cidadáns e dispoñan dunha nova canle para interactuar con eles aproveitando as ferramentas que ofrecen as novas tecnoloxías, internet e as redes sociais. Para iso porase en marcha un portal web de proximidade.
9. A posta en marcha dunha nova aplicación (APP) dirixida a manter unha comunicación instantánea cos seus militantes a través do teléfono móbil, de maneira que afiliados e partido poidan estar conectados 24 horas ao día, sete días á semana.
10. A incorporación na nosa executiva da presenza e autonomía de xestión dos representantes dos sectores estratéxicos da provincia.