Site icon Crónica3.com A Mariña

Alfredo Llano ofreceu unha recepción aos alumn@s e mestras dun centro de Poussan, que pasaron os úlitmos días de intercambio en Burela

190216 Foto recepcion alumnos franceses 2Burela, 19 de febreiro de 2016.- O alcalde, Alfredo Llano, ofreceu este venres unha recepción aos 30 alumn@s e dúas profesoras do centro Vía Domitia, de Poussan, que participaron desde o pasado día 14 e ata hoxe no XVII Intercambio Poussan-Burela. Deste xeito remataba a súa visita que os levou a coñecer outros lugares como Sargadelos, Taramundi, Estaca de Bares, A Coruña ou Santiago de Compostela.

A actividade está organizada polo departamento de francés do IES Monte Castelo, e á mesma acoden rapazas e rapaces de 3º e 4º da ESO. O alumnado do IES Monte Castelo viaxará á cidade francesa de Poussan do 12 ao 19 de marzo.
O rexedor achegounos ás tradicións e costumes de Burela, á pesca, á inmigración, etc… ademais de explicarlles en qué consiste a labor que realiza o alcalde. Rapaces e mestras foron agasallados cun pin co escudo do Concello burelés e con varios dípticos informativos.

Exit mobile version