Lugo, 19 de febreiro de 2016. O Vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga anunciou na rolda de prensa posterior a Xunta de Goberno, a aprobación dos pregos que posibilitarán que 2.000 persoas se beneficien de actividades deportivas de baixa intensidade.
O programa de actividade física diríxese a colectivos de capacidade diferente de calquer concello de provincia, así como as asociacións sen ánimo de lucro que realicen a súa actividade en concellos de menos de 5.000 habitantes.
O Deputado- Delegado da Área de Cooperación aos Concellos e Deporte, explicou que “ ainda que non coincide no nome, e un programa moi similar ao anteriormente denominado Mo-Vémonos”, así mesmo asegurou que “ a Área de Deporte ten a intención de manter e incluso aumentar o número de entidades beneficiarias de este tipo de actividades enfocadas a mellora da calidade de vida das persoas do rural así como a persoas con capacidades diferentes durante toda a lexislatura”.
Veiga aclarou finalmente que “ a Deputación de Lugo centrará os seus esforzos en promover o deporte de base, a igualdade e o fomento do deporte feminino e as actividades dirixidas a unha mellora de hábitos de vida saudábeis e de benestar das persoas de entornos rurais, tentando igualar os servizos aos de poboacións con máis habitantes ”.
As actividades propostas para este servizo inclúen entre outras a ximnasia rítmica, ximnasia de mantemento, acondicionamento físico e aerobic, pilates e outras específicamente adaptadas as necesidades de cada grupo e colectivo, para a efectiva contratación do servizo a empresa adxudicataria deberá contar con un mínimo de 14 monitores.