Site icon Crónica3.com A Mariña

‘Soños cumpridos’ en Burela co grupo de teatro Ardora

A Delegación Municipal de Cultura, continuando coa súa programación de Outono, presenta ao Grupo de Teatro ARDORA coa abra “Soños Cumpridos”, de Francisco Piñeiro baixo a dirección de María Paz Rodríguez.

A representación terá lugar no Auditorio da Casa da Cultura de Burela o vindeiro venres, 14 de decembro, ás 21.00 horas. A entrada será libre e para tódolos públicos.

Ardora Teatro nace pola ilusión dun grupo de mulleres que co seu esforzo e capacidade querían formar un grupo de teatro que non fora flor dun día senón que prendera como unha alternativa de expresión cultural máis dun pobo con profunda tradición creativa.

O día 6 de maio de 2007 facía a súa presentación ante o seu público de San Cibrao coa peza “ A criada xorda”. Dende entón ten representado en enfinidade de localidades tanto Galegas como Asturianas.

“Soños Cumpridos” é a obra que veremos este venres en Burela, é unha olegoría cómica na que representa os soños non realizados dos pobos, en especial, os que conforman a súa querencia, é dicir, o amor á terra, á fala e a todo aquelo que nos fai singulares sen deixar de ser universais.

Exit mobile version