Burela, 3 de decembro de 2015.- O Burela FS Pescados Rubén gozará dunha semana de descanso do duelo provincial na pista do Peugeot Vilalba FS, o sábado 12, na penúltima xornada da primeira volta, que se pechará o día 19 na Mariña, coa visita do 5Coruña FS.
O cadro de Juanma Marrube aproveitará este descanso para recuperar folgos na recta final antes de chegar ao ecuador da competición. Os mariñáns ocupan a décima praza, con 4 puntos, despois de caer pola mínima a semana pasada fronte ao CD P Casás (2-3).