Site icon Crónica3.com A Mariña

Remata a primeira volta da XXVII Tirada de Bolos de Xove

Primeira vitoria de Arturo Vigo, vixente campión, que lle fai subir do 10º ao 8º posto. Aínda que de Arturo se pode esperar calquera cousa, vemos difícil que estando a 37 puntos do líder, e a falla de 9 tiradas (a segunda volta completa), lle poida restar eses puntos ao actual líder.

Rafa comanda comodamente a clasificación con 69 puntos, 17 máis que Francisco López, quen, grazas aos 10 puntos desta tirada, relega a Sócrates Campo ao terceiro posto da clasificación.

A falla de 9 tiradas, ou sexa, a segunda volta completa, queda claro que a persoa a bater vai ser Rafa que destaca pola súa gran regularidade, xa que é o único xogador que puntuou nas 9 primeiras tiradas.

Detrás achéganse un numeroso grupo de xogadores con posibilidades, dentro dos que destacan Francisco Pérez, Sócrates Campo, Moisés Rodríguez e Javier Rodríguez.

Vai ser a segunda volta “moi competitiva” e, dende a organización, agardan “un apretado final, coma o pasado ano, onde se definiu a clasificación final na última tirada”.

Liga Sénior Feminina
O máis salientable nesta categoría foi a vitoria de Carmen Roca, que parece que se está a recuperar físicamente pouco a pouco e, de seguro, esta vitoria lle vai dar moral e servirlle ademais para non descolgarse definitivamente dos primeiros postos.

Salomé Cardoso, que non puido estar nesta tirada, vé como a vixente campioa Belén Meitín lle recorta 5 puntos na clasificación, colocándose a só 4 puntos.

Terceira continúa Salomé Bermúdez quen non deberá perder de vista a Carmen Roca, xa que a pouco que se recupere, seguramente a presionará na procura da terceira praza.

Tras esta primeira volta, Salomé Cardoso, Belén Meitín e Salomé Bermúdez están moi ben posicionadas para os postos de honra finais, con Carmen Roca á espectativa e aínda posibilidades de asaltar eses postos.

Liga Sub 16
Nova sorpresa nesta categoría. Se a pasada semana era Miguel López, esta é Juan Manuel Ferro, que con 220 tantos na tirada, se impoñía dun xeito espectacular na mesma, relegando a un segundo posto ao actual líder, Daniel Alonso, que comanda esta categoría dende o comezo da Liga.

Os seus 55 puntos, 20 máis que Miguel López e 35 sobre o terceiro, Javier Alonso, fan que sexa o favorito absoluto para alzarse co seu segundo antorchado consecutivo nesta Liga.

A vindeira tirada vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE LAGO, o vindeiro sábado 5 de decembro na primeira tirada da segunda volta do campionato.

 

CAMPIONATO DE BOLOS DE   CENTRO SOCIAL DE  SUMOAS   (28 NOVEMBRO   2015)

 34    INSCRITOS: 19  NA LIGA SENIOR,    6  NA LIGA SUB 16   E     9  NA LIGA FEMININA

CLASIFICACION                                  NOME TANTOS

PUNTOS

LIGA SENIOR

PRIMEIRO ARTURO VIGO CASABELLA

263

12

SEGUNDO FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ

255

10

TERCEIRO C. JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA

243

8

CUARTO SÓCRATES CAMPO SUÁREZ

241

7

QUINTO MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA

234

6

SEXTO JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ

225

5

SÉTIMO JOSE VIGO LAGE

224

4

OITAVO GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ

219

3

NOVENO JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA

218

2

DÉCIMO JORDI MEITÍN SERANTES

211

1

MELLOR BOLADA ARTURO VIGO CASABELLA

85

1

LIGA SUB 16

PRIMEIRO JUAN MANUEL FERRO SANTOS

220

6

SEGUNDO DANIEL ALONSO LÓPEZ

164

4

TERCEIRO JAVIER ALONSO LÓPEZ

133

3

CUARTO MIGUEL LÓPEZ FORMOSO

107

2

QUINTO RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO

80

1

MELLOR BOLADA JUAN MANUEL FERRO SANTOS

65

1

LIGA FEMININA

PRIMEIRO CARMEN ROCA CORRAL

148

6

SEGUNDO BELÉN MEITÍN ROUCO

144

4

TERCEIRO DOLORES BAÑO FRAGA

135

3

CUARTO SALOMÉ BERMUDEZ BEN

114

2

QUINTO CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ

80

1

MELLOR BOLADA BELÉN MEITÍN ROUCO

44

1

Exit mobile version