Olalla Rodil manifestou o “total apoio de Nós – Candidatura Galega a todas as accións e medidas de presión que dende o sector se impulsen nestes vindeiros días e compartiu a necesidade de “explicarlle aos consumidores a delicada situación que atravesa o sector e a presión que se debe exercer sobre a distribución, que si subiu o prezo final do cartón de leite, pero non lle trasladou esa suba nos lineais aos gandeiros e gandeiras”.
“Este é un dos moitos casos nos que é necesaria unha representación galega en Madrid, por que as deputadas e deputados dos partidos estatais nin entenden, nin queren entender cales son os problemas dos nosos sectores produtivos” sinalou Olalla Rodil e engadiu que “moitas das solucións a estes temas pasan por decisións políticas que se toman nos depachos madrileños e se Galiza non está, a nosa xente queda vendida”.