As lesións marcaron o debut do Praias na Liga Gallega Norte, as ausencias de Sergio e Miguel nas primeiras xornadas condicionaron moito o rendemento dos barreirenses. “Costounos moito ó principio, tivemos un lastre importantísimo por culpa das lesións. Chegamos moi xustos de xente para a rotación, a medida que recuperamos xente, vámonos levantando e empezan a chegar os resultasdos” expresou Andrés López nunha entrevista que lle realizaron en Radio Foz.
O técnico do conxunto barreirense engadiu: “Somos un recén ascendido, necesitamos un periodo de adaptación e de consolidación. É preciso implantar unha nova metodoloxía de traballo e aumentar a esixencia. O Praias ten moi boas perspectivas para facer un proxecto bo e ambicioso. Pero para falar dun ascenso e categoría teremos que falar en anos próximos. Ahora é o momento de adaptarse e consolidarse”.
Tras sumar oito puntos nas últimas catro xornadas, Andrés fixou o lugar que debe ocupar o Praias de Barreiros na competición. “Miramos máis cara arriba que cara abaixo, non deberíamos ter problemas para salvar a categoría, non creo que teñamos que pelexar por evitar o descenso”. E tamén destacou o mal do equipo no inicio de tempada: “O noso lastre é a faceta defensiva, o obxetivo é meiorar ahí”.
Da mesma maneira Andrés destacou o traballo da xunta directiva e o apoio da afición. “É unha maravilla xogar os partidos no Pavillón Municipal. É un privilexio poder contar con ese apoio”.
Trala disputa das primeiras once xornadas, o Praias de Barrreiros ocupa a séptima posición da táboa clasificatoria con 14 puntos. O próximo fin de semana tócalle descansar e o seu próximo encontro terá lugar na Fonsagrada o 12 de decembro.