Burela, 2 de decembro de 2015.- O Partido Popular de Burela manterá este xoves unha reunión de afiliados e simpatizantes para dar comenzo á campaña das eleccións xeráis do vindeiro 20-D. Esta cita, que terá lugar na antiga biblioteca ás oito da tarde, contará coa presencia de membros das candidaturas ó Congreso e ó Senado, como Mary Fraga Fernández, Jaime de Olano, ou Mercedes González. Tamén está previsto que asista o secretario xeral provincial José Manuel Balseiro.
O PP de Burela vén celebrando, desde hai dez anos, unha reunión de afiliados e simpatizantes no arranque de cada campaña electoral. Os populares pretenden con esta asamblea poñer definitivamente en marcha a organización do partido a nivel local para chegar ó maior número de veciños e veciñas de Burela, e ó mesmo tempo aportar o maior número de votos posible nas próximas eleccións, e volver a ser o partido máis votado na localidade, para axudar todo o posible a que o PP revalide os seus resultados de hai catro anos no conxunto da provincia.
Nesta ocasión, ademáis de asuntos vinculados coas eleccións xeráis, a dirección do partido tamén informará sobre os impostos e taxas municipáis para o vindeiro ano 2016, e sobre cuestións relacionadas coas contas municipáis.