Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Mondoñedo vixiará que terreos e edificacións se manteñan en condicións de seguridade, salubridade e ornato público

Mondoñedo, 3 de decembro de 2015.- O Goberno local do Concello de Mondoñedo revisará no vindeiro Pleno a ordenanza sobre salubridade, ornato público e normas sobre convivencia cidadá que rexe desde o ano 1992. A alcaldesa, a popular Elena Candia, explica que se vixiará que os propietarios de terreos e edificación os manteñan nas condicións esixidas, ao tempo que revisará á alza as sancións que se poden aplicar no marco da norma.

En concreto, o Goberno local fixará a súa atención na salubridade e ornato do municipio por consideralo un tema de singular importancia. Así, establécese a obriga de todos os propietarios de terreos, urbanizacións de iniciativa particular, edificacións e carteis de mantelos en condicións de seguridade, salubridade e ornato público.

Está prohibido tirar lixo ou residuos sólidos en solares e espazos libres de propiedade pública ou privada. Os propietarios de fincas ou solares deben mantelos limpos de maleza o de escombros para que non invadan a vía pública.

Tamén as fachadas das casas e os canalóns se han de manter en bo estado de conservación. A cor que debe usarse será o branco ou o gris claro. Ao mesmo tempo, os propietarios dos inmobles en estado ruinoso deben adoptar as medidas precisas para garantir a súa seguridade.

En relación cos cans
En canto aos cans, aqueles que circulen pola vía pública, deben levar colar con chapa de identificación e ir suxeitos con correa ou cadea e se fora preciso, pola súa perigosidade, levar buzo.
Nas rúas do casco urbano os seus propietarios están obrigados a retirar os excrementos da vía pública e depositalos nunha bolsa en papeleiras e contedores.

Revisións das sancións
A ordenanza vixente aprobouse en 1992 e fixa multas de ata 30,05 euros, contías que o Goberno municipal revisará no próximo Pleno.
O Concello iniciará unha campaña de concienciación e habilitará, por vez primeira desde hai moitos anos, a figura dos varredores para as prazas. Para elo, reorganizaranse os recursos humanos para que dúas persoas se dediquen exclusivamente á limpeza viaria da localidade, actuación que comezará de xeito continuo e planificado este mes de decembro e de xeito estable en 2016.

Exit mobile version