Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Barreiros instala unha nova marquesiña de madeira en Vilamartín Grande

Barreiros, 2 de decembro de 2015. O Concello acaba de instalar unha marquesiña de madeira en Vilamartín Grande, que dará servizo aos nenos que teñen alí a súa parada de autobús e tamén aos peregrinos que necesiten descansar no seu percorrido cara os albergues de San Xusto ou Gondán, a través do Camiño Norte.

O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, explicou que “hoxe deixamos instalada en Vilamartín Grande, no cruce coa estrada que vai a Trabada, unha nova marquesiña feita en madeira, xa que estamos falando do entorno do Camiño Norte. Xa antigamente había una alí en chapa e esta é moito máis ornamental e máis bonita, e vai dar servizo aos nenos que collen alí o bus e, cando o precisen, aos peregrinos que necesiten descansar nunha zona cuberta, dado que é o remate dunha costa bastante pronunciada e dende alí xa inician a baixada ata Gondán, onde estaría o albergue, ou cara o albergue de San Xusto. Son melloras que se fan ademais no entorno do Camiño con esa dobre función”.

Exit mobile version