Mondoñedo, 2 de decembro de 2015.- Co gallo do Día Internacional das persoas con discapacidade a comisión organizadora dos actos da homenaxe realizada ao crego Don Antonio (parroquias de Santa María Maior de Mondoñedo e Santo Adrao, San Xurxo e San Tomé de Lourenzá), doa o superávit do recadado ao Hospital de San Pablo e San Lázaro de discapacitados físicos e psíquicos en Mondoñedo.
Con esta doazón recoñecen o bo facer do persoal, do voluntariado e da dirección do centro. E dan bo uso ao remanente da homenaxe, ao ser destinado ao gozo e servizo dos residentes do mesmo.