Site icon Crónica3.com A Mariña

Josefa Martínez, Mª Dolores Salgueiro e Claret Agreda, as primeiras premiadas no sorteo da campaña de Nadal de A Mariña Federación

A Mariña, 2 de decembro de 2015. Comezan a aparecer os primeiros premiados no sorteo da campaña de Nadal da Mariña Federación.

O premio de Acia Burela, o número 277.460 xa ten dona. A afortunada, que gozará de 2.000 euros en vales de compra para gastar no comercio asociado da localidade é Josefa Rodríguez, que obtivo a súa papeleta no establecemento Mar Cantábrico.

O premio de Acia O Vicedo, o número 339.135 tamén ten dona. Mª Dores Salgueiro foi a gañadora doutros 2.000 euros en vales de compra para gastar no comercio asociado. A afortunada recibiu a papeleta premiada en Supermercados Regina.

E o premio de Acia Foz, o número 311.398 tamén apareceu. Claret Agreda é a gañadora dos 2.000 euros en vales de compra para consumir no comercio asociado da localidade. Conseguiu a súa papeleta en Vagaluz.

Os outros tres números premiados no sorteo celebrado este martes foron o 102.331, repartido no pub Ribanzo e premiado con 2.000 euros en vales de compra para consumir no comercio asociado a Acisa Ribadeo; o 221.697 dunha papeleta entregada en Clínica Fouz & Culebras dotada con 2.000 en vales de compra para gastar no comercio asociado ao Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro e o 178.876 premiado con 2.000 euros en vales de compra para gozar no comercio asociado a Acia de Xove.

Os afortunados ou afortunadas poderán reclamar os seus premios ata o día 18 de decembro e facer uso dos vales ata o 5 de xaneiro de 2016. Segundo explican desde A Mariña Federación “para comunicar o premio, deben dirixirse ao facebook A Mariña Comercio, descargar en Android a APP A Mariña Comercio e no apartado noticas aparecerá ou no teléfono 634 753 812”.

Exit mobile version