As monitoras do Centro Gaia, do Concello burelés, levan a cabo no IES Perdouro actividades de sensibilización sobre o aforro enerxético e a eficiencia enerxética para alumn@s de 4º de ESO e PDC. Este martes 1 de decembro foi a primeira das tres charlas que se desenvolven ao longo desta semana. Segundo explica a concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben, “estas actividades pretenden sensibilizar á sociedade en relación co aforro como camiño para avanzar cara un escenario de consumo enerxético responsable que contribúa a asegurar un sistema enerxético sustentable en liña cos obxectivos europeos”.