Site icon Crónica3.com A Mariña

A web memoriasdovicedo.org será presentada polas parroquias

Ademais da presentación da web de fotografías antigas www.memoriasdovicedo.org que xa se fixo na Casa da Cultura do Vicedo o 19 de novembro, están previstos dous actos máis nas parroquias para animar a xente a que coñeza a web e se anime a subir fotografías antigas do noso municipio. O primeiro acto será este mércores 2 de decembro ás 19.30 horas na Escola Unitaria de Riobarba e están convocados os veciños de Riobarba, Cabanas e Negrada.

Neste acto mostrarase a nova web coas súas múltiples aplicacións e posibilidades de interacción así como a posibilidade de subir fotografías antigas desde a casa. Por outra parte, tamén haberá a posibilidade de escanear alí mesmo as fotos que nos traigan para que os veciños que o desexen non teñan que desprazarse a Vicedo para que sexan escaneadas.
Esta web foi deseñada pola empresa Abertal e na parte de contidos fotográficos participaron os alumnos da Aula Cemit.

O segundo dos actos será na Escola Unitaria do Folgueiro o xoves ás 19.00 horas e están convocados os veciños das parroquias de Suegos, Mosende e San Román.

Exit mobile version