A FESTA DA TERCEIRA IDADE, que xa vai pola súa XXIII edición, desenvolverase este venres 6 de novembro, dirixida ás persoas pensionistas maiores de 60 anos cos seus cónxuxes ou parellas do concello de Xove.
As actividades estenderanse ao longo de todo o día:
12.30 horas.- Misa no Salón de Actos do Centro Cívico, acompañada por un Cuarteto de Cordas da Escola Municipal de Música.
14.00 horas.- Xantar no Restaurante Louzao de Area.
Unha vez rematado o xantar, por parte do Concello, vaise facer entrega dun agasallo aos máis maiores da festa, home e muller, que son: Amador Vázquez Abad (95 anos) e Josefa Franco Fernández (88 anos).
Posteriormente tódolos participantes van disfrutar dun baile.
En total están inscritos un total de 446 persoas que participarán na festa acompañados da corporación municipal.
O Concello, o mesmo que en edicións anteriores, pon autobuses gratuítos a disposición de tódolos participantes que así o queiran, tanto para ida como para o retorno.