Site icon Crónica3.com A Mariña

Viveiro celebra as II Xornadas Provinciais de Protección Civil centradas na protección ante a vespa velutina

O vindeiro sábado, 7 de novembro, a sala multiusos da Casa do Concello de Viveiro acollerá as II Xornadas Provinciais de Protección Civil.

09.00 a 09.30 horas: recepción dos participantes e entrega de documentación.

09.30 horas: acto de apertura

10.00 horas: primeira ponencia “Organización Servizos Preventivos en grandes eventos”

– D. Jorge Manuel Rubal Pena (Inspector Xefe CNP – Xefe 8ª Unidade de Intervención Policial)
– D. Manuel Expósito López (Xefe do Servizo de Emerxencias do Concello
de Viveiro)

11.00 a 11.30 horas: descanso

11.30 horas: segunda ponencia: “A vespa velutina – información á poboación e intervención”

– D. Manuel Ferreira Rodríguez (Presidente da Casa do Mel de As Pontes)
– Dna. Isabel Goti Cabeiro (Técnico da Casa do Mel de As Pontes)
– D. Xosé Ramón Seara Aris (Xefe da AVPC de Ourol)
– D. Mario Antuña Sariego (Responsable GES de Cervo)

12.15 horas: terceira ponencia “A protección na retirada de niños de vespa velutina”

– Dª. María Xosé Fernández Pardo (Directora da Empresa Xorsa)
– D. Ramón Sanjurjo Fernández (Xerente da Empresa Xorsa)

12.45 horas: mesa redonda sobre a intervención na retirada de niños de vespa velutina

13.30 horas: acto de clausura das Xornada

14.30 a 16.30 horas: xantar

17.00 horas: visita á Base do Servizo Marítimo da Garda Civil en Viveiro

18.00 horas: visita á Base do Helicóptero Pesca 2.

Exit mobile version