A posta en marcha do servizo 4G por parte dalgunhas compañías telefónicas está dando problemas na recepción do sinal de televisión nalgunhas zonas do concello de Xove segundo o están a manifestar algúns veciños.
Dende o Concello “supoñemos que en moitas do resto de España, dado que a sinal do 4G interacciona coa sinal de TDT da televisión, dando lugar a unha mala recepción da sinal de televisión. Para solucionar isto é necesario colocar un filtro antes do amplificador da antena da TDT, o cal ten que facer lóxicamente un instalador autorizado”.
O Estado, para solucionar este problema, ten habilitada unha web informativa (www.llega800.es) e un teléfono ao que se poden dirixir tódolos afectados.
A través da páxina web ou do teléfono gratuíto 900 833 999 (activo de luns a sábado dende as 09.00 ás 22.00 horas) pódese xestionar o envío dun filtro totalmente gratuito ou ben que lle envíen un instalador á casa que lle colocará gratuitamente o filtro. Cada usuario deberá solicitalo individualmente chamando ao teléfono antes citado.