Site icon Crónica3.com A Mariña

Terceira conferencia do ciclo “A Loita Antifascista na Galiza” no Valadouro

O Valadouro, 5 de novembro de 2015.- Chegamos á terceira Conferencia do Ciclo organizado polo Departamento de Cultura do Concello do Valadouro.

O sábado 7 de novembro ás 20:00 horas celébrase no Salón de Actos da Casa da Cultura do Concello, a conferencia “Entre o desacougo de Cunqueiro e os “traidores” do Gardarríos” a cargo do docente e autor dramático da Mariña, Francisco Piñeiro.

Piñeiro adentrarase na biografia e andanzas de Luis Trigo, Gardarríos mindoniense e famoso guerrilleiro que actuou escapado dende o 1939 ata a súa morte polo Garda Civil no 1948, revelando aspectos escuros e ignorados da súa vida ademais de relacionalo co figura mítica e literaria de Álvaro Cunqueiro.

Exit mobile version