Dentro do programa de actividades inclúense charlas relacionadas coa prevención de residuos e unha mesa informativa. O luns os usuarios da Fundación Eu Son participaron nunha das charlas. E o martes os alumnos de 4º de ESO e PDC do IES Perdouro atenderon as explicacións das monitoras do Centro Gaia en canto a prevención e xestión de residuos nos fogares tratando diferentes temas (exceso de residuos, mellorando os hábitos de vida, o consumo responsable á hora de facer a compra, prolongar a vida dos produtos impulsando a reparación e a reutilización”. Estas charlas levaranse a cabo ao longo de toda a semana.
Mañá, venres, colocarase unha mesa informativa nas inmediacións da Casa da Cultura en horario de 10.00 a 13.00.
Segundo explican desde Gaia “a través destas actividades preténdese sensibilizar e concienciar á sociedade sobre prevención de residuos, reutilización de produtos e a reciclaxe de materiais”.